03 decembro 2013

DRAGAL I: A Herdanza do Dragón

Autora: Elena Gallego Abad.
 Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino.

1 comentario:

María Pereira Pérez 3 ºESO A dixo...

É unha novela moi interesante xa que narra unha historia "fantástica".Nun primeiro momento pensei que non me ía gustar ,xa que me adoitan parecer mellores os libros de temática romántica ou novelas que relatan a vida cotiá das persoas.Con Dragals equivoqueime ,é máis, penso ler tódolos libros que forman parte desta serie .A verdade,quedeime coa intriga de saber que lle pasará a Adrián agora que se transformou en dragón....Unha cousa que me chamou a atención é a repetición constante da expresión "na boca do estómago" ..Creo que a autora a utiliza para darlle ese toque de "medo" ou simplemente un gran recurso estilístico .O meu personaxe favorito e Adrián (e tamén sería un gram amigo se tivera un rapaz así) .O que máis me ilusionou del é a forma de ser : amable con todo o mundo e aínda así todos os da panda de Brais o crían "parvo",metíanse con el ,en definitiva,complicábanlle a vida...Por sorte estaba ela,Mónica,unha rapaza estudosa,conocida como a chapona,na miña opinión ,eran o un para o outro.Grazas a todos e todas por ler este comentario.