21 xuño 2017

As horas roubadas

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.
Autora: María Solar

1 comentario:

Alejandro 1 bach B dixo...

Este libro , ambibientado no ano 1979 antes da aprobación da Lei do divorcio , reflicte historias de amor en tres xeracións de personaxes.
A dos avós que viviron namorados toda a súa vida. A dos pais representada na familia de Ramón,incluído o seu maltrato sobre a muller e fillos , e a familia de Roberto , que representa a liberdade de estar con quen queiras. A xente nova os fillos e fillas das familias anteriores establecen relacións de namorados e pelexan por atopar o amor verdadeiro .
Este libro gustoume moito pola intriga que dende o principio xa amosa e porque nel reflíctense uns temas moi representativos: os tipos de familias e relacións amorosas,maltrato e infravaloración que a muller está a sufrir nesa época e amor sen idades nin límites.
Eu síntome máis identificado coa xente nova polo tipo de vida que están a ter e pola forma de relacionarse,Roberto , Ramón e Nuria.
Do libro pódense sacar moitas conclusións e lecturas, por iso eu o recomendo o.