21 xuño 2017

Xoeliki, As aventuras dun ciberpirata

 Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro.
Aventuras moi actuais, tecnoloxicamente falando, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar.
Conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderemos acceder a cada un dos personaxes,  coñecer aos autores, saber como e por que, e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas.
Editorial Sotelo Blanco.

1 comentario:

Laura Fernandéz Durán dixo...

O libro gustoume moito porque fala das novas tecnoloxías e paréceme que está moi ben.Recoméndoo porque é moi divertido e interesante.