15 decembro 2017

A dúbida

Autora: María Reimóndez
 Editorial Xerais.

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción  desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. 

1 comentario:

Víctor Seara 1ºBACH - A dixo...

A Dúbida narra a historia dun proceso xudicial por abuso a unha menor dende o punto de vista da muller do acusado, que deixa entrever a súa forza e poder. A novela fai unha crítica atroz tanto a todos os casos de pederastia no mundo, como aos múltiples sucesos nos cales unha muller non quere crer a realidade que por desgraza acontece na sociedade, incluso máis proximo do que nos pensamos. A novela está estructurada en capítulos moi breves (3 ou 4 páxinas), o cal (dende o meu punto de vista) é un gran punto a favor xa que acelera o ritmo de lectura.