18 xaneiro 2018

Camiño Branco

 Najla Shami; letra: Rosalía de Castro
 "Na lingua que eu falo" (Galaxia, 2013), estrea en solitario libro-disco no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro.


Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait. Interesada pola música desde a infancia, comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversos coros polifónicos e formacións de música tradicional galega. Nesa altura crea as súas primeiras cancións, mais é aos 17 anos, idade á que empeza a tocar a guitarra, cando as súas composicións viran máis persoais e a súa voz vese influenciada por estilos coma o jazz, o funk e o world music. En 1997 decide estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, EUA, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España. Entre 2003 e 2011 colabora na publicación de diversos traballos: The past to come (Enterphonics, 2003), coa banda de acid-jazz Cinnamon Gum; Ben Deitei (Ouvirmos, 2010), coa Safari Orquestra; e Haikus (Inquedanzas Sonoras, 2011), con Lobalú, entre outros. Gradualmente incorpora novas influencias na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz e xurden colaboracións coma as do álbum Son Brasilego (Fol Música, 2012), o libro-disco e documental CoraSons (Kalandraka, Afrontamento, 2013) e a participación en festivais como “Estou Lá, Festival da Lusofonía” ou “Terra da Fraternidade”.

Ningún comentario: