13 febreiro 2018

Malandrómena: Os corenta nomes do inimigo

Malandrómena: Os corenta nomes do inimigo
En 2017 gañan o premio ao mellor grupo na categoría Hip-Hop/Músicas urbanas da gala IV Premios Martín Códax da Música.

Unha auténtica viaxe por ambientes e paisaxes de desgarro sonoro e poético que combinan a vangarda e o costumbrismo coma quen pasa de santa a satán.
Mentras perdes tempo en explicar que non tes tempo poderías estar rompendo os teus libros de autoaxuda.
Tés diante un disco feito co corazón, para escoitar coas lupas de ver por dentro que eles mesmos patentaron hai xa dez anos, dos que din cousas que mancan pero curan.
Un traballo que marca o camiño do que está por vir, producido e escrito por unha das plumas máis áxiles do noso tempo e vestido polo artista Bluemouse, que vai directo ao caixón dos discos de culto, onda ós de Jeros, Los Mirlos e Os Resentidos.
Por Carlos Pereiro.

Ningún comentario: