26 marzo 2018

A ameaza do cobre

Documental de Xosé Bocixa sobre a Mina de Touro.
 Fonte: http://praza.gal/movementos-sociais/16244/a-ameaza-do-cobre-o-documental-sobre-o-conflito-da-megamina-en-touro-e-o-pino/
 
(...)  No filme, de case unha hora de duración, abórdase o conflito xurdido nestes dous concellos e na súa contorna ante o megaproxecto que pretende Cobre San Rafael, da man da multinacional Atalaya Mining e a través da reapertura das vellas minas de cobre, e do que se advirte un forte impacto medioambiental, económico e social na zona.
(...) Recolle testemuños de científicos, alcaldes, empresarios e habitantes dos municipios afectados.

A plataforma veciñal (MinaTouroOPinoNON:https://es-la.facebook.com/MINATOUROOPINONON/.) advirte de que a veciñanza non está disposta a que a empresa Cobre San Rafael se "apodere de case 500 hectáreas de terreos agrícolas e forestais que son a base produtiva de moitas explotacións agrarias", e tampouco a que "se eliminen 341 hectáreas de masa forestal e 150 de cultivos e vexetación que nunca máis volverán producir". Desde os colectivos sociais en contra alertan dun proxecto baseado na planificación de "quince anos de megaminaría intensiva", con "maquinaria pesada e actividade as 24 horas do día, os 365 ano, con voaduras diarias" mediante explosivos. Apenas década e media de extracción na que se "crearían dous depósitos de residuos a catro vertedoiros que ocuparían en total case 300 hectáreas". Ou, o que é o mesmo, "unha enorme balsa de lodos que contará cun muro perimetral con capacidade para 50 millóns de metros cúbicos de residuos estériles da mina", "unha xigantesca balsa de lodos tóxicos" que porá en risco "a vida das persoas", pero tamén a auga do ulla, os acuíferos da zona da zona e o propio atractivo da ruta xacobea.

Ningún comentario: