23 setembro 2018

Corasón Vudú de Voodoo



Voodoo é un proxecto moi persoal do dúo formado por Belém Tajes (voz e teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha (baixo), ambas radicadas na Coruña. Na súa particular cocteleira musical mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en clave de humor, soulk. Tales predicamentos casan con todos os artistas que citan como fonte de inspiración: Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder… Gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega 2017 na categoría Soul/ Funk/ Blues, Voodoo acaba de publicar o seu último traballo, Eu son Voodoo Vol. II, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego coas harmonías da música negra que tanto lles gustan.
 Corasón vudú



Fonte videoclip: Vudú música



Unha muller. Un fío. Unha rede de mulleres. A búsqueda incansable do propio ser. Ser-Muller. A búsqueda a través da vida e dos anos. A pesar dos prexuízos, dos golpes, dos cambios, na procura de nós mesmas, pero sabendo que compartimos un corasón inmenso e xeneroso, que late por todas e cada unha de nós. Forte. Cada vez, máis forte. Dirección Juanpa Ameneiros. Produción Xende López. Vudú.2018

Ningún comentario: