27 setembro 2018

Cuarta Xusta

Cuarta Xusta é un grupo de rock que naceu en 2016 da man de Aida, Marta, Lúa, Alberto e Alba, pero é agora cando nos veñen presentar o seu primeiro disco. Será o próximo 10 de marzo no Pub Gatos de Melide. O álbum, que leva por título “Un novo espertar” sairá ao mercado xusto o día despois da presentación.
“Berrar con música as inxustizas que nos rodean”. Este é o lema musical do grupo melidense Cuarta Xusta que sacou ao mercado (Marzo 2018) o seu primeiro traballo discográfico composto por oito temas de contido social e reivindicativo: “Un novo espertar”. No álbum, totalmente autoproducido, colaboran varios artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus, algúns dos cales actuarán tamén o día da presentación oficial.



 

Ningún comentario: