31 xaneiro 2019

BAIUCA

O folk dos millenials?
Segundo Mario Vilariño, Alex Casanova, baixo o nome de Baiuca, é quen de conectar a  xuventude galega con eses ritmos que levamos tantos anos escoitando e que cada vez  semellaban máis alleos ás novas xeracións. No seu primeiro álbum Solpor, os ritmos tradicionais galegos aos que xa estaban acostumados os nosos oídos tiveron unha reconversión, respondendo á pregunta de como soarían aquelas cancións que forman parte do noso folclore se fosen creados na vangarda electrónica, combinando os instrumentos tradicionais con sintetizadores e caixas de ritmos. (...)

Compartimos o videoclip do tema "Olvídame"



E o de "Morriña: 

 
 ''Ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar, ninguén sabe de saudade ceiba bágoas por chorar''

Ningún comentario: