02 abril 2019

Su Garrido Pombo - Quedo a vivir aquí

Su Garrido Pombo presentaba en xuño de 2018 o seu novo disco en solitario, "Quedo a vivir aquí". Nas súas palabras de presentación: " 11 cancións que son unha viaxe por distintos lugares e xéneros, dende a bossa nova das fotos de familia da miña infancia ata a música tradicional da miña aldea, versiono poemas de autoras como Iolanda Zúñiga, Ana Romaní e Xohana Torres, e canto tamén as miñas propias historias, acompáñanme a miña guitarra e os meus pedais.
Teño a sorte de contar coa colaboración de amigas e músicos de luxo que participaron tamén no disco, Miguel Fraile, Katia Linke e Hiago Ramilo"...

 


Ningún comentario: