15 maio 2019

ANTONIO FRAGUAS: LETRAS GALEGAS 2019

ANTONIO FRAGUAS: LETRAS GALEGAS 2019



Un ano máis, agradecemos ao Ceip dos Dices (Rois, A Coruña), a elaboración do Telexornal para as Letras.
Parabéns


Fonte: https://bibliorois.wordpress.com/2019/05/06/telexornal-antonio-fraguas/

Outros enlaces de interese para estas datas:

 https://academia.gal/letras-actual

 http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguas

http://seminariogalan.org/inicio/portada 

https://www.sermosgaliza.gal/tags/dia-das-letras-galegas-2019  

Escollemos algunha información recollida destes enlaces:

O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.
En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.
En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999. (Seminario Galán)

Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra. (AG)
                                                                                         (Antonio Fraguas Fraguas)


Na cultura galega penso que deixou o retrato do que somos. Recolleu e foi notario dunha Galiza que se ía esvaendo polos cambios sociais. A súa faceta de etnógrafo é o máis importante da súa achega. Nas súas obras recolle como eramos, a que xogaban os nenos e as nenas, como eran os casamentos, a arquitectura das casas, etc. Recadou toda esa cultura do noso, as nosas raíces  e a esencia do que fomos. Se para algo debe servir o Día das Letras Galegas é para estabelecer esa ponte coa Galiza de antes, coa nosa cultura. Algo que Fraguas nos deixou valorar e coñecer.
" Fundou a Sociedade da Lingua. Foi membro do SEG, das Irmandades, do Partido Galeguista e do Instituto Padre Sarmiento" . "Fraguas recolleu a cultura e a lingua para enxalzala" (Malores Villanueva en Sermos).

Algunhas das súas obras: (Portal LG)

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)

Ningún comentario: