03 novembro 2019

Terbutalina: "Espabila gallego"

Terbutalina estrea Espabila gallego cun concerto en Compostela
A Sala Capitol de Santiago acolleu este 31 de outubro a presentación do álbum
 
 

https://www.terbutalina.net/  
https://www.facebook.com/terbutalina/posts/2370566769849859/

Non fai falta tomarse en serio para soar ben, e así o amosaron sempre Terbutalina, catro amigos da ría de Muros que observaban a música como unha afección máis que como un traballo. E desde que viu a luz o seu disco debut, Broncodilatador (2011), non deixaron de medrar e medrar, facéndose un oco cada vez máis grande nos escenarios galegos. Porque Terbutalina, como o seu propio nome indica, son un broncodilatador en directo capaces de facer tremer calquera recinto.
Con Espabila Gallego, os Terbutalina trocan parte do seu cómodo estilo garage punk -que eles mesmos definían como “gastropunk”- por un son alternativo máis inspirado no rockabilly e no surf que no punk clásico. Cun certo aire aos seus coetáneos Familia Caamagno ou incluso aos Novedades Carminha de Juventud Infinita (2014), rebaixan os tempos e suavizan as guitarras invitando ao baile sen ningún tipo de pretensión.
Porén, os de Esteiro, abordaron esta transformación musical facendo caso omiso a un problema estrutural: a instrumentalización do punk -baseada na tríada clásica de guitarra, baixo e batería- non é suficiente para o indie. Sen experimentación nin integración de novos instrumentos, queda un disco baleiro que soa descoidado e inmaturo. Terbutalina non evoluciona con Espabila Gallego; involuciona no intento errado de subirse á ola galega do indie surf. Tanto é así que custa crer que o álbum dure tan só 20 minutos.

Ningún comentario: