11 decembro 2019

Oîma presenta " Ala! "

 Ala! é o primeiro traballo de Oîma, trío instrumental formado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martín Senande (acordeón diatónico).

Os ritmos do leste entran na nosa música de raíz da man de Oîma, que apresenta con Ala! o seu primeiro traballo de estudo, após catro anos inundando de mestizaxes musicais os torreiros do país. Neste tempo, gañaron a primeira edición do Festival Folk de Artistas Emerxentes Val da Maía (Bertamiráns) en 2016, anunciando unha carreira que, sen dúbida, ía dar que falar.


 


(...)Nós coñeciámonos do mundo da música tradicional, pero si que tiñamos clara a idea de montarmos un grupo de música instrumental que xogase un pouco coa música galega en relación coa música tradicional doutros lugares. Sobre todo Antía e Martín, que estiveron máis fóra e gardaban máis relación co mundo dos balkfolk europeos. Buscabamos ese concepto de tocar para que a xente baile diferentes tipos de danzas, non só galegas –que tamén. Ese era o punto de partida, mais procuramos chegar máis lonxe.

Ningún comentario: