02 febreiro 2020

‘O que arde’, de Oliver Laxe II

 ‘O que arde’, de Oliver Laxe
No inverno e verán de 2018, os Ancares foron o plató de rodaxe da última película de Óliver Laxe. Tras o seu paso triunfal por Cannes e San Sebastián, e antes da chegada ao festival Curtocircuíto e da estrea en salas, O que arde volveu a Navia de Suarna para agradecer a todas as persoas implicadas a súa colaboración proxectando a cinta na praza central do pobo. Unha ocasión que toda a comarca aproveitou para celebrar e poñer en común as reflexións que deixa esta historia de amor entre nai e fillo e coa natureza. Relato dun día de festa, acompañado das palabras do director, no corazón da montaña máxica dos Ancares lucenses.



Algúns dos recoñecementos:  
4 premios no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, entre eles a Mellor Filme e Mellor Guión da competición internacional. Estes galardóns únense á longa lista de recoñecementos que foi recibindo nos últimos meses, entre os que destaca sobre todo o premio obtido no Festival de Cannes.
O premio San Sebastián-Gipuzkoa Film Commission do Festival de Donostia.
Premio ao Mellor Deseño de Son no Chicago Film Festival.
Premio ao  mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica, en Grecia.
Coco de Ouro no Festival Internacional de Hainan (China).
Mellor filme europeo, na XII edición dos premios Gaudí, que outorga a Academia del Cinema Català.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas do Estado español premiou co seu máximo galardón, os Premios Goya, as galegas Benedicta Sánchez, como mellor actriz revelación, e Mauro Herce, como mellor dirección de fotografía.




Ningún comentario: