11 outubro 2020

A Luz Prendida - MJ Pérez

 MJ PÉREZ presentou en febreiro de  2020 o seu cuarto álbum: "A Luz Prendida" co  videoclip do tema que comparte título co álbum. "A Luz Prendida" é un tema que nace da esencia da guitarra e voz e que se transforma desembocando nunha auténtica festa final cargada de tintes latinos. Unha composición de MJ Pérez que conta coa colaboración de Iván Bernardez (guitarra eléctrica), Ailén Kendelman (batería e percusión), Laura Romero (Baixo), Richi Casás (Saxo alto e tenor), Paula López (Tombón) e María Prado (Trompeta).

LETRA:  

Cantos días teñen que pasar para matar esta saudade? Canto peso teño que cargar para sentir a liberdade? Cada noite lanzo un berro para que sintas o cansazo das noites que desespero intentando entender algo, intentando esquecer. Agora non contes comigo, que xa bastante andei a rastro, que xa nin o corazón sinto que xa non sei como arranxalo… Voltar a comezar. Se cadra queda esperanza gardada nalgún caixón ou naquelas palabras mudas da túa covardía. Se cadra queda algo máis alá das mentiras non tiven máis para che dar así que ti nada me pidas. Que se queres vir, ven, se non queres, non veñas, que eu deixo prendida a luz por se regresas. Eu non agardo por ti sigo facendo camiño non teño tempo que perder e de ninguén preciso. Se cadra queda esperanza gardada nalgún caixón… Se cadra queda algo máis alá das mentiras… 

Neste novo disco, MJ camiña máis por ritmos latinos, tintes da música de raíz e de músicas do mundo, abandonando así en gran parte o pop-rock máis habitual nela ata o momento. Mais se algo engloba todo este traballo é a canción de autor, a esencia de MJ e do xeito de escribir e narrar. A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.

Ningún comentario: