07 febreiro 2021

Boyanka Kostova: Muinheira de Interior

Cibrán García e O Chicho do Funk veñen de lanzar o seu terceiro álbum (xuño 2020), Os dous de sempre, onde experimentan novas fusións e toman camiños diversos co trap como punto de partida. Son dos poucos que o fan en Galicia e en galego, e os únicos que colocan o xénero na contorna rural.

Tema:  Muinheira de Interior, trap e muiñeira ( unha peza audiovisual que conta coa realización de Xaime Miranda e a colaboración de varios grupos de baile tradicional) Boyanka Kostova rescata a Muiñeira de Cabana e mais de letras de Ana Kiro e Xosé Lois Campaña para chegar ao concepto que tiñan na cabeza: unir o tradicional e o actual, resignificar ritmos...


 Letra:

Farruco foi ao muinho, Volveu cheo de farinha, El muinheiro non é, Eu non sei con quen andaría, Non sei con quen andaría, Que mira como caminha, Marchou onte pola noite, Volveu hoxe polo día, Unha noite no muiño, Unha noite non é nada, Unha semaniña enteira, Eso si que é muiñada, A mandíbula de Farruquinho, Non vexas como se move El di que non toumou nada Pero báilalle o pasodoble Báilalle o pasodoble, E tamén lle castanhea, Van a ter que contratalo, Pa tocar no grupo da aldea Árdelle o eixo, árdelle o carro, Prende ese porro, e pasa o cacharro muiñeira de interior, Porque non hai outra feira mellor Arrastráchelo cu polas pallas, E fixéchela cam no chan, E molláchela berberechinha, Que traías sequiña do vrán, Que traías sequiña do vrán, Que traías sequiña do vrán, Arrastráchelo cu polas pallas E fixéchela cama no chan.

MÁIS INFO:

Entrevista en   http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/132226-boyanka-kostova-ritmo-muineira-encaixa-cabeza-trap-mestura-tina-sair

 

 

Ningún comentario: