16 febreiro 2021

Teresa Ferreiro

Ilustradora, autora de comics, investigadora cultural e DJ. Teresa Ferreiro é polifacética e multidisciplinar. Aproveitamos a súa participación no ciclo VanGal 2.0 do Museo do Pobo Galego para interesarnos polo seu ecléctico traballo, polas súas inquedanzas e influencias creativas e polo uso que fai da arte en prol da reivindicación política, da memoria histórica e do feminismo. (Mounqup, Faia e Laura LaMontagne - xunto con PicoAmperio- son o resto de artistas que conforman o programa da primeira edición do ciclo Vangal 2.0)

FONTE: https://vinte.praza.gal/artigo/hai-certas-cousas-que-aprendemos-e-debemos-aprender-so-a-traves-da-memoria-historica

Como DJ e como organizadora de eventos en

https://ruidodefondo.org/gl/author/teresaferreiro/

Como ilustradora. Caracterízanse por ser ilustracións de estilo naíf, algo inquietantes e coa cultura pop de base. Recoñece gran influencia dos debuxos animados, do manga e do anime, como moita xente da miña xeración. Influíronme moito obras como Dragon Ball, de Akira Toriyama; e Ranma ½, de Rumiko Takahashi. Isto obsérvase sobre todo no tratamento da cor -utilizo moito a mestura dos pasteis e as cores brillantes- e tamén no movemento e nas proporcións. Os elementos e expresións perturbadoras beben de autores  que fan manga de terror, como Suehiro Maruo e Junji Ito.

Por outro lado, supoño que me sinto especialmente conectada coas mulleres do surrealismo como Leonora Carrington, Remedios Varo, Dorothea Tanning ou Frida Khalo. E, por suposto, na temática está presente o costumismo e denuncia de Castelao e tamén os Beto e Jaime Hernández, que fan cómic alternativo. Durante a carreira e os anos de instituto vinme inspirada polo traballo de varias compañeiras, especialmente Begoña García Alén, Roberta Vázquez e Pepa Prieto Puy.

A tradición e a memoria tanto persoal como colectiva e histórica leitmotivs constantes na súa obra, tanto no eido musical como nalgunhas das túas creacións.


 NON ESQUEZADES, PARA SEGUIR VENDOAPRENDENDO: https://vinte.praza.gal/artigo/hai-certas-cousas-que-aprendemos-e-debemos-aprender-so-a-traves-da-memoria-historica

Ningún comentario: