15 abril 2021

A Academia estrea a serie documental ‘Xela Arias. A palabra esgazada’

        A Academia estrea a serie documental ‘Xela Arias. A palabra esgazada’


A linguaxe audiovisual será un dos piares fundamentais da programación das Letras Galegas 2021 da Real Academia Galega. A institución presentou hoxe ( 05/04/2021) a súa primeira serie documental arredor desta celebración, Xela Arias. A palabra esgazada, unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o vindeiro 17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. O capítulo 1, centrado nos primeiros anos de vida da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos, pode verse xa na páxina web da RAG, academia.gal, e nas súas redes sociais.


 

Ningún comentario: