Celso Emilio ferreiro, O soño sulagado
Mensaxe dende o silenzoTi ben sabes, amigo, o gran segredo
dise tempo que pasa e que nos moe
cun rodicio de sombras,
sin mañá e sin onte.
Nas nosas maus de lama nada queda,
todo se nos desfai, todo nos foxe
coma o vento que brúa,
coma a iauga que corre.
Non somos máis que cousas
con diferentes nomes:
camiño, verme, folla,
estrela, arbre, home.
Cousas
que o tempo ha de pór podres.
E mentras tanto
de ningures pra lonxe,
igoal que toupas imos cegamente
furando o longo túnel dunha noite
que endexamais ten fin; sempre furando
sin máis norte que a morte.
Preguntas e preguntas e preguntas,
decote a preguntar. Ninguén responde.
O soño sulagado (1955)
Por Licalaterna
Ningún comentario:
Publicar un comentario