A poeta e cantautora Laura LaMontagne xunto co produtor e Dj PicoAmperio forman este singular dúo políglota que mestura composicións medievais galaico-portuguesas, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. A través da electrónica, o hip hop ou o trance indio aplican una intensiva operación cirúrxica ao folklore galego.
Neste video interpretan 'Ondas do mar de Vigo' no programa Feeel da betevé (Barcelona TV).
Ningún comentario:
Publicar un comentario