27 novembro 2022

A arte de trobar

AUTOR: Santiago Lopo.

TÍTULO: A arte de trobar.

EDITORIAL: Xerais.    Premio Xerais de Novela, 2017
No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga."A arte de trobar" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor.

1 comentario:

Salomé dixo...

A obra é unha historia centrada tanto no aspecto literario como no histórico, en parte tamén é de intriga ambientada no S.XIII da Idade Media.
O máis destacado da obra é como vas descubrindo cortos segredos dos personaxes que te deixan abraiada.
A traa principal pola que se rexe o relato é unha viaxe que fan un grupo de trobadores e xograres, os cales interpretan obras de teatro, cantan cantigas... Xunto con outra historia, a cal está enlazada coa dos trobadores e xograres mediante unha das protagonistas. Esta historia recrea aspectos do contexto da época: enfrontamento de poderes laicos e eclesiásticos, o poder da Inquisición, o gusto polos temas ocultos...
Na miña opinión o único negativo que vexo neste libro é que a segunda historia (na que o protagonista intenta conseguir un libro moi importante para el e suceden diversas cousas que relacionan ambas historias) é máis difícil de entender, pero aínda así, a medida que vas lendo, sabes a que feitos se refere.
Entre os aspectos positivos destaco que é moi doada de ler, o fío da historia é moi interesante e manten o interese para seguir lendo ( o libro ademais non é demasiado longo).
Por último, tamén transmite, a min polo menos, un sentimento de angustia por saber o que sucede e de impresión por ver como remata todo.

Salomé.