21 novembro 2022

Sanson Troleyro, de Enrique Vázquez Pita.

 TÍTULO: Sansón Troleyro, Estudante de pan e sardiña.

AUTOR: Enrique Vázquez Pita. 

ED. XERAIS, COL. FÓRA DE XOGO.

 Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súas novas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interésanlle mñías as ciencias e a razón que ilumina Europa. É un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes.

1 comentario:

Paula P dixo...

Sansón Troleyro é un libro bastante bo, persoalmente gustoume.
Non é moi pesado de ler, apenas son trescentas páxinas.
O libro divídese en tres partes, cada unha conta etapas moi diferentes da vida de Sansón, o protagonista. É un rapaz que quere estudar medicina e ser aceptado nela, para iso ten que pasar por un exame de sangue pura. En cambio, no rexistro familiar encontran as iniciais dunha antepasada súa acusada de ser meiga.
Isto, arredor do ano 1600, estaba moi mal visto e penalizado.
É interesante ler todos os capítulos, aínda que é certo que contén moitas personaxes e moitos topónimos, pero é o que lle da o toque.
Se puidera volver a pasado e ter outra opción para ler máis libros, probablemente escollería outro, pero se ti xa o escolliches, goza lendo.