Autora: María Xosé Queizán.
Novela divertida e desconcertante, ambientada en Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a
historia de tres mulleres: Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo.
Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven
entrelazadas polo amor e pola morte. As tres protagonistas da novela son tres persoas de diferente clase social, adscrición urbana, formación, mesmo de diferente
opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións,
sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola
complaciencia, nin o sentimentalismo. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por
riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como
obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida
das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das
mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa
é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto
tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse,
tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os
perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico.
Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo
dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movemento
feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa
democracia.
3 comentarios:
Para min, é o mellor libro que lin nunca. Resultoume impresionante a capacidade que ten a escritora para describir tan profundamente os personaxes ou as situacións. Esa capacidade é o que fai que o libro te enganche dende a primeira páxina e queiras coñecer máis da vida desas persoas. Unha vida que para moitas persoas pode ser incomprensible e chea de contido sexual e sentimental nunhas situacións que non son as habituais.
Este libro resultoume moi entretido pois toca moitos temas actuais,como son o abuso que exercen os gobernantes,as novas técnicas de reproducción asistida,...
O libro vai contando a historia de diferentes persoas que, en principio nada teñen en común, pero un grave accidente xuntaráos.
Un gran libro que te engancha desde o principio.
Aburridísima, larga, parece un sermón, lecciones de comportamiento, vanal. Explica en vez de narrar. Sin pies ni cabeza. No entiendo que se publiquen estos batiburrillos mentales como libro de lectura.
Publicar un comentario