22 outubro 2014

O fracaso de Clayton

O fracaso de Clayton de Darío Álvarez Blázquez.
Trama: O doutor Lázaro Evia vai ao castelo de Bruniwng, convidado polo conde James Reingeng. Convidados polo anfitrión, están tamén outros membros da nobreza, que despois de pasaren o verán na costa, descansan indo de caza, xogando aos naipes e departindo...
No segundo día de estancia, tras escoitarse un disparo no primeiro andar aparece o conde tirado no chan con sangue arredor.
"Vou comezar a traballar e necesito antes facerlles algunhas advertencias, por iso roguei a lord Kelly que os reunise a todos aquí. Estou, esa é a miña primeira impresión, diante dun caso complexo, e preciso da súa axuda para ver de esclarecelo. Agora ben, en sendo todos vostedes para min persoas merecentes do maior respecto e consideración, véxome no duro transo de ter que lles comunicar que, tendo en conta as miñas primeiras pescudas, creo que o asasino se atopa entre os presentes..."

Ningún comentario: