20 novembro 2014

Palabras envelenadas

Autora: Maite Carranza. Ed. Rodeira
Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas aparencias que pon o dedo na chaga sobre mitos incuestionables. Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

Ningún comentario: