20 xaneiro 2015

2044

Autor: Eduardo Santiago. Ed. Galaxia, Col. Costa Oeste.
2044 é unha novela futurista, de ciencia ficción, en boa medida científica, onde unha aventura xuvenil acaba por desembocar no máis ambicioso cuestionamento do real. Lena, unha das rapazas protagonistas, vai facer catorce anos o catro de abril do 2044. Con tal motivo, seu pai, un xenial informático, ten disposto preparar unha celebración para ela e os seus amigos que resultará inesquecible. Mais o día chega, e nada resulta como parece, xa que as rapazas e rapaces convidados vense envoltos nunha sorte de pesadelo ameazador do que non saben como saír e que rematará de xeito inesperado.

1 comentario:

Nuno 1º Bacharelato A dixo...

É unha obra de ficción científica, polo que se desenvolve nunha sociedade futurista con espazos moi modernos, onde tamén hai terror e seres artificiais. Por iso mesmo, recoméndolle ler esta obra a xente amante do tema: historias non moi realistas actualmente, pero con moita acción e terror.
Personalmente, pareceume unha obra moi entretetida, xa que non se estanca durante a narración e en todo momento hai varias incógnitas, e iso engancha.
A forma de contar todo é moi boa, pois ao comezo presenta as principais personaxes con diferentes historias, e non deixa lugar a dúbidas de quen é quen máis tarde. Ademais, aínda que trata temas como matemáticas complexas ou física, explícao de maneira que se entenda facilmente. E iso é o que máis me gustou: a mestura de temas como o terror, con investigacións matemáticas e acción.
Se tivese que obxectar algo, sería o feito de deixar diversos datos sen explicar ben ou haber personaxes de "recheo", polo que hai partes que hai que ler máis dunha vez para entendelas.
En conclusión, pareceume unha excelente obra, doulle un 9 sobre 10, polo que é moi recomendable.