20 xaneiro 2015

O Gran Reino


Autor: Eduardo Santiago. Ed. Xerais, Col. Fóra de Xogo.
O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia.

2 comentarios:

Noelia Crespo-1ºBach B dixo...

Este libro está agora na lista das miñas lecturas favoritas.
A historia enganchoume dende o primeiro momento e deixoume enfeitizada.A miña opinión é moi boa,pois este libro mestura ciencia-ficción e problemas adolescentes dun xeito fantástico.
Ao comezo parecía unha historia demasiado prolixa,pero gustoume tanto que o rematei nun suspiro.
Non me aburriu en ningún momento,senón que me mantiña con moita curiosidade o saber que lle pasaría a Gala e ás súas compañeiras de habitación.
Recoméndoo sen ningunha dúbida.

Yasmina 1ºB dixo...


Este libro, escrito por Eduardo Santiago,protagonízao unha rapaza do máis manipuladora.Paréceme que o autor,otorgoulle esta capacidade á protagonista para demostrar que unha única persoa,pode chegar a controlar a un grupo ao seu antollo,neste caso,unha rapaza de pouca idade.O autor expón á protagonista como modelo do que non debería ser nin facer unha rapaza adolescente.O tema da anorexia trátase como o tema principal deste libro e os lectores podemos poñernos na pel dos pais da protagonista,que mostran unha lamentable situación ante a saúde da sua filla,como a nai ten que encargarse das visitas ao psicólogo e como o pai deixa a súa muller realizar todo isto soa.O máis sorprendente e que podemos introducirnos na pel da protagonista,e moito máis alá,ata na súa mente debido á omnisciencia do narrador.Podemos apreciar como unha fantasía nacida na mente dunha rapaza de oito anos,pode chegar a causar un problema alimenticio do máis grave.Todos estes puntos anteriores,son as características que máis me gustaron desta intrépida obra.Os puntos que menos me atraeron son as escenas de fantasía,nos que a protagonista adentrábase ao mundo creado por ela mesma,xa que estes capítulos eran demasiado longos para o pouco que interviñan na historia principal.Ademais tampouco foi un moi bo final,xa que no momento no que a psicóloga descobre o problema da nosa protagonista Gala,non o dá a saber no libro,e polo tanto,deixa aos lectores cunha intriga que non poderemos resolver,pola ausencia do segundo libro...
Conclusión:Gustoume moito o libro,xa que comentaba temas dos que non teño coñecemento nin experiencia,e observar como pode ser a situación dos pais e da protagonista,dá moito tema para reflexionar.Non me gustaron os fragmentos de fantasía nin ese final aberto,sen que poidamos coñecer o final que terá Gala e se a súa situación mellorará ou irá a peor.