Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre
negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha
cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un
arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres
novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os
defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén
coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de
moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos
vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de
humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo
mundo da cociña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario