O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a
pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da
man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza
entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da
nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes
do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias,
dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha
pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha
peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e
Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén
Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e
humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou
despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario