24 abril 2019

Mercedes Peón finalista a mellor disco europeo do 2018 para a revista británica Songlines

A revista musical británica Songlines, especializada en músicas do mundo, tradicionais e fusión, e cunha tiraxe en papel de 20.000 exemplares vén de colocar o disco Déixaas(Fol Music, 2018) de Mercedes Peón como finalista entre os catro albumes seleccionados como os mellores da música feita en Europa no pasado ano. Do traballo feito en Songlines recoñece os límites cruzados por Peón en canto aos canons do tradicional e dí: "Mercedes Peón presta á música popular galega unha nova imaxe e carácter contemporáneo. O seu quinto álbum afástase dos arranxos tradicionais en favor dunha paleta de sons que van desde o heavy metal ata o minimalismo abstracto, sobre a cal ela fai xemer con desinhibición a súa poesía enfeitizadora". A portuguesa Mariza, a banda danesa Dreamer’s Circus e o violinista británico Sam Sweeney so os outros tres finalistas nesta categoría europea. O vindeiro 10 de maio coñecerase a decisión do xurado conformado por un panel internacional de xornalistas especializados.
Por se esquecerades ver o videoclip en abril do 2018 neste blog, aí vos vai:




Ningún comentario: