15 maio 2019

PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2019

VI edición dos premios da música en Galicia Martín Códax

O 9 de maio coñecéronse as/os gañador@s nas 15 categorías destes galardóns, así como as/os agraciad@s cos tres Premios Organistrum e o Premio Honorífico de Músicas ao Vivo.

Só 54 proxectos pasaron á final de entre os máis de 440 que se presentaron nesta edición. O xurado estaba  composto por membros da asociación Músicas ao vivo, así como outr@s profesionais do sector musical Ramón Bermejo, Rosa Salgado, Terela Gradín, Pilocha, Najla Shami, Tito Lesende e Miguel de la Cierva.

Os proxectos premiados nesta sexta edición dos premios da música en Galicia foron:
  • Músicas do mundo: Marcos Teira – Nós
  • Música clásica e contemporánea: Adrián Saavedra
  • Música rock: BALA
  • Blues, funk, soul: Carmen Rey
  • Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Los Satélites
  • Jazz e músicas improvisadas: Xosé Miguélez con Ontology
  • Música metal: NAO
  • Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza
  • Música pop e indie: Igloo
  • Música electrónica: Baiuca
  • Música tradicional galega e folque: Tanxugueiras
  • Música infantil: A Casa do Terror – Xoán Curiel e a Banda do Verán
  • Canción de autor/a: Su Garrido Pombo
  • Coros e grupos vocais: EJAZZ
  • Reggae, ska e mestizaxe: Banda Cebinsky
Premios Organistrum
  • Salas: El Contrabajo Club
  • Festivais: Festival de Pardiñas
  • Medios de comunicación: Diario Cultural
A gala terminou coa entrega do Premio Honorífico de Músicas ao Vivo, que este ano recaeu no músico estradense Carlos Barruso, por toda unha vida dedicada á música, “xeneroso e aberto a calquera reto profesional, Carlos é un dos motores esenciais da nosa banda sonora”.

  
 

Ningún comentario: