28 setembro 2019

LEILÍA: "Consentimento"


ConSentimento (2011) é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.


LEILIA - CONsentimento from merlo branco producións on Vimeo.

INFORMACIÓN DESTE TRABALLOhttp://leilia.net/discografia/disco-5/

2019:CantarELAS, 30 aniversario Leilía (5 de outubro en Barbadás)


Ficha artística

Elenco: Pandeireteiras: Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez
Xéneros: Folk-Trad

Ningún comentario: