27 setembro 2019

Maskarpone (Enchoupia)

 Maskarpone xorde en Ourense no 2009A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batería, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo.
No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.
No 2014 sacan o seu primeiro disco, Maskarpone, que podes descargar de balde na  web:


O  6 de xuño de 2019 atopamos á xente de Maskarpone sentada á mesa dun dos locais máis senlleiros de Ourense, "La Casablanca" e boutou esta peza...


Podedes descargar o seu novo cd nesta páxina:https://maskarpone.org/743-2/

Videoclip do tema “Outra esmorga” que formou parte  do programa oficial de OUFF en curto 2019.


Ningún comentario: