18 xaneiro 2020

A BANDA DA LOBA: "Anagnórise"

ANAGNÓRISE - A banda da Loba, quinto tema do novo traballo. Da súa voz preséntannolo: Con esta canción queremos compartir con vós o noso mundo, a nosa procura vital destes últimos meses e tamén homenaxear a María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018), que nos inspirou coa súa novela Anagnórise para despregar as ás, voar, e contruír este universo.

Aquí tedes o enlace ao libro no noso blog: https://colegasdaspalabras.blogspot.com/2009/02/anagnorise.html

3 comentarios:

Yanely Ruth dixo...

Entrei aquí porque como leera o libro de Anagnórise quixen ver a canción, é pegadiza e gustoume moito.

X dixo...

ALÉDAME MOITO YANELY... E LEMBRA, LER SÓ LEVA UN E.

Anónimo dixo...

Escoitei esta canción porque fai referencia ao libro "Anagnórise", de María Victoria Moreno, e pareceume unha boa forma de homenaxear tanto á novela como á autora.