18 xaneiro 2020

A BANDA DA LOBA PUBLICA " Fábrica de luz"

Segundo traballo da Banda da Loba, Fábrica de luz :  un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.
 Videoclip oficial.


LETRA: A maquinaria ponse en marcha e as engranaxes a xirar. Cinco motores moven as pezas é o noso xeito de crear. Do máis pequeno faise o progreso dun elemento un volcán. Sen medo ao lume, sen medo á idea, sentirnos libres Fabricando luz... Soar sen teito, prender candeas para a escuridade iluminar. Soltar as vendas, soltar cadeas sentirnos fortes Fabricando luz…
 Temas
  1. Fábrica de luz.
  2. Luz no furacán
  3. Adondar a lingua
  4. Tigres coma cabalos
  5. Anagnórise
  6. Corazóns de xiz
  7. A casa
  8. Tecín soia
  9. Distancia imantada
  10. Morra o conto
  11. A rede
  12. Catalina

Ningún comentario: