18 xaneiro 2020

Farrapos de ghaita

O 17 de decembro de 2019 saíu publicado o disco "Farrapos de ghaita", mesmo nome que o grupo, agora que este cumpre dous anos.
Integrantes:
Alén Blanco- Guitarra eléctrica e voz
Daniel Rodriguez- Batería
Javier Lamas- Guitarra eléctrica
Victor Vilariño- Baixo
Nerea Purriños- pandeireta e coros
Xaquín Balado- Gaita, frautas e voz
 
 Un aperitivo!!!"Farrapos De Ghaita"
 
 Festa!!!
 
Un álbum que consta de 13 temas gravados e masterizados por Manuel Ramil nos estudos  Tercera Planta e Penteo Films.
Arranca con ‘Belcebú‘, un suave e doce tema instrumental a modo de intro que dá paso a ‘Muiñeira de Demo‘ , Os Piratas de Almieiras ePastor Eléctrico  intercalan  folk e rock, acercándose por momentos ao folk metal. Rata Sin Piedá‘, un tema de folk rock, con base de ska que lembra temas de  bandas como Celtas Cortos, alternando momentos pausados con outros realmente enérxicos e cargados de rabia.
 ‘Nitroghaita‘ sobe dende a escuridade converténdose nun tema de folk metal  que nos leva até ‘Inspector da Sesta‘, un tema de base cómica e son  punk da vella escola que contrasta co bailable ska de ‘O Chat Das Vellas‘.  ‘Os González‘, un tema desbordante de forza e enerxía. O  folk e o l funk mestúranse en ‘Funkeimada‘, un tema distintoe movedizo.  ‘Santa Compaña‘ e  ‘Samaín‘ son os últimos temas que ademais contan coa voz de  Irene Caruncho.
Fonte:  https://arphapress.com/analizamos-el-primer-disco-de-farrapos-de-ghaita/

Ningún comentario: