11 xaneiro 2020

Os Tres Pés celebran o cabodano de Castelao

Os Tres Pés celebran o cabodano de Castelao 

 Con motivo do 70 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o proxecto conxunto Os Tres Pés presenta un adianto do seu futuro traballo, versionando "Compañeiro Daniel".

Esta formación reúne tres referentes imprescindíbeis da música galega actual: Leo Arremecághona, Xose Constenla e Roberto F. Sobrado.
O anticipo vén da man dun vídeo gravado nas Bungalow sessions nos que os tres cantautores alternan as súas voces para homenaxear ao unha das figuras máis senlleiras do galeguismo.

Os Tres Pés son O Leo, Sobrado e Constenla; xuntos pra ofrecer esta canción de aires combativos homenaxeando a unha das figuras máis importantes da cultura galega, Castelao. Peza de Darío Xohán Cabana. Música de Suso Vaamonde. +info: bungalowstudio.es info@bungalowstudio.es

Ningún comentario: