03 marzo 2023

Fillas de Cassandra // ACRÓPOLE

Fillas de Cassandra

As viguesas María Pérez, artisticamente MaríaSoa (1996) e Sara Faro (2001) son Fillas de Cassandra, un proxecto musical que toma coma referencia o mito de Cassandra, muller á que se lle negou á voz, e lembran que elas son porque antes houbo quen loitou, quen deu vida.

 É así como nace Fillas de Cassandra, que agora presenta en directo o seu primeiro disco, "Acrópole", este sábado, 4 de marzo, a partir das 21.00h na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

 A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que o dúo tece as súas composicións, que beben tanto da música e das coplas tradicionais coma da música clásica o do pop, e que agroman dun xeito natural acompañadas dunhas contundentes bases electrónicas.

 

 

 

"Acrópole" é un álbum conceptual no que Fillas de Cassandra viaxa polos textos clásicos para poñer en relación ás personaxes da mitoloxía grega co mundo actual, ao que devolven unha ollada feminista e contemporánea a través da música.  

O traballo, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual https://tremendoaudiovisual.com/berto , fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo Lisístrata. No seu directo, no que o dúo contará coas colaboracións especiais de Berto, Mondra e algunha outra sorpresa, Fillas de Cassandra trasladará o relato do álbum ao escenarios. O concerto terá unha fonda carga teatral, no que presentarán unha proposta moi narrativa, ao igual que o seu disco. "Queremos que a Capitol se transforme nunha acrópole", afirma o dúo. 

Máis Info:

 https://tremendoaudiovisual.com/berto

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=34830 

https://www.luneda.gal/tremendo/fillas-de-cassandra/

 

  A TODES ES MOZES QUE QUEREDES SABER-FACER,  PARA CONSTRUÍRMOS UN MUNDO MELLOR, SÓ POSÍBEL CUNHA EDUCACIÓN NO FEMINISMO.

DENDE O PENSAMENTO E CORAZÓN. IES J. PRIETO NESPEREIRA.

Fillas de Cassandra // V. AS MOIRAS

 Fillas de Cassandra María SOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) // V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro).


 Letra: 

Sácate, sácate, sácate sácate bru-bru-bruxa (x4) 

Luz do candil, fío nas mans sombras de orballo tecen no serán. Donas da morte e do espertar danzan coa existencia de aquí para alá. Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu, acompañadas do seu: Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa.  

Arríncoche o fío cos dentes ou déixocho aquí ben atado temos na man tres claveles e todos están afiados. 

Arríncoche o fío coas unllas e acabo coa sorte do parvo piden revancha as amigas e o meu cora non é tan brando. 

Medimos coas mans cada paso que dás nesta terra, coidado, na herba que abonen teus ósos hei parir flores do campo. 

Diante de nós pasan todos imos curadas de espanto deuses, heroes, bandidos choran igual mesmo pranto. 

Non teñen nome, nin ida(de) cargan co peso dunha eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas veralas brillar. 

Non temos nome, nin ida(de) cargamos o peso da eternida(de) se ollas ao ceo na escurida(de) xunto ás estrelas verasnos brillar. 

E se na noite ti queres bailar xa están as moiras co seu aquelarre a túa vida van desenfiar acompañadas do seu cantar. Acompañadas do seu cantar, acompa-, acompa-. 

Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa. 


 

27 novembro 2022

Lourenço xograr

 

AUTOR: Manuel Portas.

EDITORIAL: Galaxia. Premio García Barros 2015.

Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo e arrastra desde a adolescencia unha historia de amor coa filla dunha das familias máis sobranceiras da época.
O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista

A arte de trobar

AUTOR: Santiago Lopo.

TÍTULO: A arte de trobar.

EDITORIAL: Xerais.    Premio Xerais de Novela, 2017
No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga."A arte de trobar" é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor.

21 novembro 2022

Decáologo definitivo para unha navegación en galego

 Decálogo definitivo para unha navegación en galego


 FONTE: https://www.youtube.com/@youtubeiras

 

Mallou - Bos amores (Rosalía de Castro/Fran Pérez "Narf")

 Grupo: Mallou. Canción "Bos amores" musicado por Fran Pérez "Narf"( http://www.galiciantunes.com/bandsandartists/404 no seu traballo a Rosalía de Castro no 2013 "Nas tardes escuras", Libro-CD.

Mallou: son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Este proxecto nace como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega.

Mallou achega un repertorio de cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.

Mallou é unha paisaxe sonora, con fortes raíces na tradición, ensambladas con diversas infuenzas musicais, onde se crean alianzas estilísticas e entre xéneros musicais.

Mallou é tamén a homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela, de quen toman o nome.

FONTE: https://descubreas.com/gl/profesional/mallou-2/

Letra do poema Rosalía de Castro :

 Bos amores

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.
E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen. 

 

 

Agosto do 36. Xosé Fernández Ferreiro

TÍTULO: Agosto do 36.
AUTOR: Xosé Fernández Ferreiro. 

EDITORIAL: XERAIS, COLECCIÓN LITERARIA. 

 Agosto do 36, "unha novela tensa e violenta" -en palabras do seu autor-, narra un "paseo" protagonizado por catro falanxistas e do que foron víctimas, nos primeiros días da Guerra Civil, unha parella de mestres rurais. É unha crónica dunha morte anunciada na que o autor escolle a voz colectiva dos veciños para contar os verdadeiros móbiles e antecedentes dun crime que tiña máis de vinganza persoal premeditada e liquidación de vellas xenreiras entre familias que de asunto político.

Sanson Troleyro, de Enrique Vázquez Pita.

 TÍTULO: Sansón Troleyro, Estudante de pan e sardiña.

AUTOR: Enrique Vázquez Pita. 

ED. XERAIS, COL. FÓRA DE XOGO.

 Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súas novas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interésanlle mñías as ciencias e a razón que ilumina Europa. É un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes.

19 novembro 2022

LaMontagne & PicoAmperio - Porque No Mundo

LaMontagne & PicoAmperio - Porque No Mundo


 https://lamontagnepicoamperio.com/ga/biografia

Laura Iglesias Vázquez, de nome artístico Laura Lamontagne, nada en Lugo en 1993, é unha actriz, cantautora e poeta galega.

Traxectoria: Estudou na Universidade de Santiago de Compostela o grao en Lingua e literatura inglesas. Toma o seu apelido artístico do cantautor norteamericano Ray LaMontagne. Laura protagoniza, coa súa irmá, o videoclip do tema "Papá borracho" (2017)[1] do grupo Ataque Escampe. No filme A estación violenta (2017) interpreta o personaxe de Daniela e canta e toca coa guitarra a canción "Azulejos", da súa autoría.

Participou no proxecto Novas voces para a lingua da RAG e a USC.[2] Ten un proxecto musical co DJ e produtor compostelán PicoAmperio no que interpretan temas baseados en textos de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Fernando Pessoa e Xela Arias[3] e co que o 16 de maio de 2021 actuaron no Concerto do Día das Letras Galegas, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.[4]

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/Laura_LaMontagne

 

 

Na leira: Video-concerto de Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nut

Na leira: Video-concerto de Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nuinterpretado na súa leira de Oza-Cesuras, en diálogo co espazo natural e inspirándose nas composicións do fotógrafo galego Virxilio Viéitez.


 Esta intervención sonora e audiovisual conta coa colaboración de artistas como Laura Iturralde, iluminadora e escenógrafa, e Peque Varela, videocreadora e directora. Iniciativa de Discotrompo realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

18 novembro 2022

Sés: "Para cando eu morra"

Diante un eco de Sés, sae á luz o  25 de novembro, oitavo traballo discográfico. Será presentado con concertos en Galicia antes de iniciar una xira polo resto de España e Latinoamérica.

Tema: "Para cando eu morra"


 Letra:

  Para cando eu morra non quero palmas nin honras / nin falsas palabras nin flores nin cerimonias

 non quero raposos nin ratas corporativas / que non me queira de morta quen non me quixo de viva 

Para cando eu morra non quero máis que partir/ plena de amor, coa boca chea de rir

quero que me queiras e amarte sen miramentos/ nada máis os dous espidos sen firmas nin sacramentos

Non quero baixarche o sol/ nin tampouco a lúa/ non quero que sexas meu/ nin eu vou ser nunca túa

pero quero amarte sempre/ e bicarte en cada rúa

Porque nesta vida o papel non vale nada/ teña a cor que teña merca froita envelenada

todo o que se compra non mercha contigo á terra/ só o máis pobre dos pobres ao son da prata se aferra

Porque amar non é nin vergoña nin rubor/ porque nesta vida pouco máis hai que o amor

o amigo sincero, ter e que che teñan lei/ e querer só de verdade, que é o único que eu sei

É que amar non é nin vergoña nin rubor/ porque nesta vida pouco máis hai que o amor

porque o que me quede quero bailar e sorrir/ e levarte a ti comigo, sempre que ti queiras vir

Diante un Eco.  Co seu habitual discurso valente, novidoso, contundente e directo, a cantautora fai referencia con este título á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva socio-política dos nosos días, segundo explica ela mesma.

Diante un Eco é tamén unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez e, sobre todo, desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Con este novo traballo, SÉS reafírmase na estética popular da que se considera amante e debedora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que caracteriza a súa música, que viaxa entre ritmos americanos  do norte de do sur, repensados en galego e en feminino.

Como fenómeno underground que basea o seu éxito na seu carisma e a súa forza persoal,  SÉS presenta neste remate do 2022, cando se cumpren 11 años xustos do seu primeiro disco, un traballo máis alegre e fresco que os anteriores e igual de fiel ao seu estilo: unha mestura coas doses exactas de rock and roll, tradición oral galega e certa cadencia de canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico.

Como nos seus traballos anteriores, SÉS é o altofalante certeiro que defende todo aquelo no que sería ideal crer, cuestionando o establecido e facendo un chamamento á unión e á dignidade.

  FONTE: https://21noticias.com/2022/10/ses-lanza-o-seu-novo-disco-diante-un-eco/

14 novembro 2022

Rozalén, Tanxugueiras - A Virxe Do Portovello

 Rozalén, Tanxugueiras - A Virxe Do Portovello

 


 Eu canto para olvidare,  / eu canto para olvidare/ as penas que levo dentro,/ para así non me matare.

A virxe do Portovello/ ten a cara para o mar./ Para ve-los mariñeiros/ cuando veñen de pescar.

Polo mar abaixo vai o meu amor/ Polo mar abaixo vai o meu ben./ 

Polo mar abaixo vai unha barquiña/ moi achegadiña á vía do tren.

A virxe do Portovello/ non deixa mais de chorar.

Chora por aquela xente/ que deixa a vida no mar.

Polo mar abaixo vai o meu amor/ Polo mar abaixo vai o meu ben.

Polo mar abaixo vai unha barquiña/ moi achegadiña á vía do tren. 

 

30 outubro 2022

Fillas de Cassandra // II. LISÍSTRATA (varre vasoira)

 Fillas de Cassandra // II. LISÍSTRATA (varre vasoira) 

 Mulleres de todas as polis do mundo. Nós, da voz de Lisístrata ciframos en vós a nosa esperanza. Porque hoxe, coma sempre, se nos paramos, o mundo para. Se o mundo para, a guerra remata.


 
Letra: 

Somos distintas das que comezaron/ na nosa pel gardamos o o legado/ alén das bombas soubemos pararnos:/ nin sexo, nin carne, nin putos coidados.

Non asumimos o voso pecado/ facedes a guerra cos ollos pechados/ non recoñecedes nin o propio bando/ A ACRÓPOLE CANTA:

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non várre-la cociña./ 

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña./ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña./ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña.

Nós que coñecemos o cariz da trampa/ sempre deseñada para a vosa lei.

Deixade de impoñernos tódolos vosos coidados/ esta casa en que habitamos non é o hábitat dun rei

e é que unha e outra e outra vez/ escoitando a vosa merda sen saber por que./ Somos as fillas de tódalas que se plantaron e dixeron:

QUE QUE QUE!

Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña (x4)

Varre, varre, varre vasoiriña/ Varre, varre, vasoiriña miña/ 

A guerra, a guerra, a guerra imos parar/ A guerra, a guerra, a guerra imos parar.

Xa non calaremos máis/ Non, non, non, non!/ Xa non calaremos máis/ Non, non, non, non! Xa non calaremos máis

Non, non, non, non, non, non, non!/ Varre vasoira, vasoira miña,/ fai moito tempo que non varres a cociña (x2)

Varre, varre, varre vasoiriña/ Varre, varre, vasoiriña miña/ A guerra, a guerra, a guerra imos parar 

A guerra, a guerra, a guerra imos parar 

  FONTE: https://www.youtube.com/@fillasdecassandra